O GOBERNO DE NEDA INVISTE O DIÑEIRO QUE RECAUDA POLAS BODAS CIVÍS EN FINS SOCIAIS, CASE 12.000 EUROS AO AN

Neda, 8 de agosto de 2017.- O Concello de Neda ingresa case 12.000 euros ao ano polas bodas civís, uns cartos que inviste na súa totalidade en fins sociais. Trátase dunha decisión que xa se viña aplicando en anteriores mandatos e que o goberno de Ángel Alvariño Saavedra quixo manter por estar totalmente de acordo con ela e coa súa filosofía.

No municipio de Neda celébranse unha media de coarenta bodas civís ao ano, se ben é durante o verán cando o número unións matrimoniais se intensifica. No pasado mes de xullo superouse a ducia, unha cantidade que se mantén cara ao presente agosto. O goberno municipal opina que a presenza do Pazo da Merced no municipio é unha das razóns polas que moitas parellas queren casar en Neda, aínda que a Casa das Palmeiras non se queda atrás en canto ao número de solicitudes.  As cerimonias teñen lugar durante as fins de semana, principalmente os sábados e os domingos e, tal e como vén detallado na ordenanza correspondente, o prezo varía en función do lugar elixido para o enlace. Se este se quere celebrar fóra dos edificios municipais, a cota a ingresar ascende a 275 euros. Sería o caso do Pazo da Merced. Polo contrario, se a opción resulta ser a Casa das Palmeiras -propiedade pública-, o importe é de 180 euros para as persoas de fóra e de 120 euros para a veciñanza.

O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, destaca o fin social que teñen os cartos recadados e valora o compromiso dos concelleiros á hora de celebrar as bodas en días non laborables