O CONCELLO DE NEDA SACA A CONTRATACIÓN AS OBRAS DO POS PLUS, QUE NO SEU CONXUNTO ASCENDE A 163.920 EUROS

Neda, 9 de agosto de 2017.- O Concello de Neda sacou a contratación as obras que financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) Plus, un plan da Deputación da Coruña que unifica varios programas de axudas.
O total da inversión ronda os 164.000 euros e as intervencións previstas pasan pola mellora de tres importantes viais. Estes son os camiños de Viladonelle, Rabadeña-Gunduriz e Costa da Silva-Gunduriz. En total serán case 3.400 metros de infraestrutura viaria os que se verán afectados polo plan de mellora que o goberno de Neda espera levar a cabo antes da chegada do mal tempo. O acondicionamento das vías de comunicación é, para o goberno, unha inversión prioritaria nun municipio con máis de 23 quilómetros cadrados de superficie e unha población que non chega aos 5.200 habitantes.