A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas desprazarase a Neda o 18 de maio

 O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o municipio o próximo 18 de maio, onde ofrecerá o servizo no estacionamento disuasorio do Roxal, en horario de 9 a 13,30 h e de 15,15 a 18 h.

Así, os propietarios deste tipo de vehículos que desexen acceder ao mesmo deben solicitar cita previa. Teñen á súa disposición dúas vías: a páxina web www.sycitv.com ou o teléfono 902 30 90 00.