A Deputación amplía o prazo de xustificación das axudas do PEL-Reactiva para os autónomos e microempresas de Neda

 A instancias do Concello de Neda, a Deputación vén de aprobar unha ampliación do prazo de xustificación dos gastos para os autónomos e microempresas beneficiarios das axudas do PEL-Reactiva. Unha liña de subvencións cofinanciada pola Administración provincial e local para paliar o impacto económico derivado da covid-19. Ese prazo ampliado esténdese agora ata o 12 de maio, e foi solicitado despois de que o Concello constatase que un total de 16 autónomos e microempresas non estaban en condicións de cumplir co mesmo, o que representa prácticamente a metade dos beneficiarios.

Esas axudas aprobadas -un total de 39, cunha cuantía que oscila entre os 1.500 e os 3.000 euros, cun investimento conxunto de 67.000 euros- poden destinarse, entre outras cuestións, ao acondicionamento dos negocios ás medidas de protección fronte á covid-19, á adquisición de produtos de limpeza e protección, ou a sufragar gastos correntes, dende arrendamentos a primas de seguros ou facturas de subministracións (auga, electricidade...).