Aberto o prazo de inscrición nas accións formativas online sobre comunicación a través das redes para clubes e entidades deportivas

A Deputación provincial da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición nunha serie de accións formativas online en materia de “Comunicación a través das redes sociais”. Son gratuítas e están dirixidas a clubes e entidades de toda a provincia que organizan actividades/escolas deportivas. En cada acción, poderán participar 50 persoas, constan de 6 horas de duración, distribuídas en 3 sesións (xoves, venres e sábado, 2 horas cada día), e celebraranse entre os meses de maio e xuño.
Para poder participar os/as interesados terán que cubrir unha ficha e presentala a través da sede electrónica da Deputación. Teñen de prazo ata o 20 de abril (incluido).