ACTUALIZACIÓN DE MEDIDAS FRONTE Á COVID-19

 A Xunta de Galicia informou onte do pase de Neda ao nivel medio-baixo, co que se actualizan as medidas de prevención fronte á covid-19 a partir da medianoite do xoves ao venres.

Principalmente, bares, cafeterías e restaurantes poderán ampliar os aforos en interior (do 30 ao 50%) e en terraza (do 50 ao 75%).

A mobilidade continúa permitida entre os concellos galegos coa excepción de Beade, en nivel máximo e pechado perimetralmente.
 
Non nos relaxemos e continuemos cumprindo as normas para avanzar xuntos na desescalada