O Concello de Neda informa de que o servizo de recollida de voluminosos do primeiro luns de mes trasládase en abril ao martes día 6

 O Concello de Neda informa de que o servizo habitual de recollida de voluminosos que se presta o primeiro luns de mes, e que correspondería este 5 de abril, realizarase o martes 6 de abril. O itinerario inclúe a área entre o río Belelle e o límite co termo municipal de Fene. Así mesmo, lembra que a ruta complétase todos os últimos luns de mes coa zona comprendida entre o río Belelle e a ponte de Xuvia, así como as zonas de Viladonelle, Mourela, Anca e O Roxal.

Un servizo gratuíto de recollida de voluminosos que presta o Concello de Neda para favorecer a correcta xestión dos residuos evitando así a proliferación de verquidos incontrolados en zona urbana e rural.