O Concello de Neda contratará a 7 albaneis

 O Concello de Neda abrirá mañá martes 2 de marzo o prazo de presentación de solicitudes para optar a unha das 7 prazas de albaneis que contratará ao abeiro do Programa de Integración Laboral subvencionado pola Deputación (PEL-Concellos Reactiva). Por espazo de 5 días naturais contados a partir de mañá, as persoas interesadas poderán presentar a súa instancia nas oficinas xerais sitas na casa consistorial (con cita previa no 981 38 00 39, correo correo@neda.gal ou a través da web www.neda.gal na sección Servizo de Cita Previa).

Será unha contratación laboral temporal, por un periodo de 8 meses e o anuncio da convocatoria publicouse hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As bases completas están na web municipal, así como o modelo de instancia.