Novos horarios do transporte público nas fins de semana e festivos

 Compartimos os novos horarios do servizo de transporte público que entran en vigor este sábado para as fins de semana e días festivos. Alsa, empresa concesionaria do servizo, sinala que a adaptación dos horarios ás restricións actuais motivadas pola covid-19 dan cumprimento á resolución da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia atendendo ás ocupacións reais das liñas, mantendo sempre a lo menos un traxecto de ida e volta en todas elas, e poñendo especial coidado na atención aos centros hospitalarios e horarios dos traballadores e traballadoras destes.