O Concello de Neda convida á veciñanza a celebrar o Entroido nas redes sociais municipais

O Concello de Neda troca este ano o formato de celebración do Entroido e convida á veciñanza a disfrazarse e compartir as súas imaxes a través das redes sociais municipais, mantendo así unha tradición de gran arraigo no municipio. Ademais, e para animar a participación, todas as persoas que se sumen á iniciativa recibirán un pequeno agasallo e entrarán a formar parte dun sorteo de cinco cestas con produtos típicos destas datas.
Así, haberá varias categorías: individual para todas as idades e familiar (persoas convivintes). Nun e noutro caso, deberán enviar unha fotografía ao número 650 48 45 21 ou correo cultura@neda.gal entre o venres 12 de febreiro e o mércores 17 do mesmo mes, sinalando nome e apelidos, DNI, idade e enderezo.