DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

 Con motivo do Día Mundial contra o Cancro, a fachada da casa consistorial de Neda volveu a iluminarse un ano máis de cor verde para dar visibilidade a esta doenza. Unha iniciativa que responde á chamada da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) e coa que, este ano, reivindicamos a necesidade dun gran Acordo Contra o Cancro para que calquer persoa teña as mesmas posibilidades para previr o cancro, vivir con el e acceder aos resultados da súa investigación.