O Concello de Neda abre a inscrición nun obradoiro gratuíto de narrativas dixitais

O Concello de Neda vén de abrir a inscrición nun obradoiro en liña de narrativas dixitais, no que as persoas participantes poderán coñecer as claves das chamadas “narrativas dixitais” para, ao mesmo tempo, crear con elas o seu propio discurso. Constará de dúas sesións, o 5 e o 26 de marzo, ás 18,30 horas, cunha duración aproximada dunha hora por xornada.
Este obradoiro está especialmente pensado para persoas vinculadas ao tecido asociativo de Neda, e tamén do veciño Narón, interesadas en utilizar as narrativas dixitais como ferramenta para a divulgación, a sensibilización ou o activismo, en diferentes ámbitos: a promoción do patrimonio (material ou inmaterial), lingua, medioambiente, inclusión, diversidades, etc,... As persoas interesadas en participar deben cumprimentar este formulario antes do 12 de febreiro: https://forms.gle/CqJuGYURUCf9WnF58 .