Novas restricións fronte á covid-19 a partir deste mércores

 A Xunta de Galicia vén de avanzar novas restriccións para frear a expansión da covid-19, sendo 43 o número de casos diagnosticados a día de hoxe no noso concello. Entre as principais: 

-A mobilidade segue a estar reducida aos límites do concello de Neda (só se poderá saír ou entrar por razóns xustificadas e acreditadas como motivos laborais, sanitarios, educativos…)
-Quedan prohibidas as reunións de non convivintes
-O toque de queda mantense nas 22 horas
-A hostalería pecha as súas portas e só se permite o servizo de recollida de comida e a domicilio
-O comercio esencial poderá abrir ata as 21,30 horas e o non esencial, ata as 18 horas
-A actividade deportiva queda limitada á práctica individual, ao aire libre e con mascarilla
Entrarán en vigor este mércores