O Concello de Neda instala no parque de Santa María un columpio adaptado para nen@s con diversidade funcional

 O Concello de Neda vén de instalar no parque infantil de Santa María o primeiro elemento de xogo adaptado para nenos e nenas con diversidade funcional. Un columpio no que a Administración local investiu uns 8.000 euros, respondendo así a unha demanda veciñal.

Unha medida coa que o Concello busca facilitar o acceso e desfrute ao xogo para os máis pequenos e pequenas con diversidade funcional.