Os Reis Magos visitarán este martes Neda

 As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán este martes Neda para realizar un percorrido polo municipio e poder saudar así aos máis pequenos e pequenas da casa. A Cabalgata adáptase este ano á nova normalidade e amplía o itinerario para poder chegar ao maior número de fogares, facilitando que nenos e nenas vexan aos Reis Magos ben dende as súas ventás ben a pé de porta, evitando deste xeito as típicas aglomeracións. Aínda así, as dimensións das carrozas non permitirán cubrir a totalidade do territorio, tal e como lle aconteceu a Papá Noel, polo que o Concello pide no seu nome desculpas de antemán.

O percorrido facilitado polos Reis Magos arrancará ás 10 horas da rúa Valle Inclán e prolongarase ata as 12,30 horas. Regresarán despois ás 15 h con punto de partida na Toeleira e continuarán a súa viaxe ata as 18 horas. Nun e noutro caso, estarán acompañados por Policía Local e Protección Civil, que anunciarán o paso coas súas luces e sereas, e a quenes o Concello agradece especialmente a súa colaboración na Cabalgata.

Non será o único encontro dos Reis cos nenos e nenas de Neda, xa que o Concello convidounos a manter unha xuntanza vía online cos máis pequenos do municipio que se inscribiron na iniciativa. Será esta tarde a partir das 17 h.