A Cabalgata dos Reis Magos percorrerá Neda o martes dende as 10 horas ata as 18 h

Unhas horas antes de iniciar a súa viaxe por todos os fogares do mundo para deixar os agasallos, os Reis Magos visitarán Neda o martes, 5 de xaneiro, para realizar un percorrido polo municipio e saudar así aos nenos e nenas. A pesares da nova normalidade, a cabalgata regresará a Neda, pero adaptándose ás novas circunstancias e realizando un itinerario moito máis amplo para evitar aglomeracións.
Así, as súas Maxestades de Oriente iniciarán o percorrido ás 10 horas nunha comitiva que acompañarán os vehículos de Policía Local e Protección Civil para anunciar, coas súas luces e sereas, o seu paso. Prolongarase ata as 12,30 horas e, tras un breve descanso, retomarase ás 15 horas, ata as 18 horas.