O Concello de Neda adxudica as obras de aglomerado do camiño de Puntal de Abaixo

O Concello de Neda vén de adxudicar as obras de acondicionamento do camiño de Puntal de Abaixo. Unha intervención na que a Administración local investirá 24.656,71 euros con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2020”-Achega provincial 2020-.

 
A actuación contempla o aglomerado do vial, cun prazo de execución estimado de 2 meses, e co que se pretende dar resposta ao avanzado estado de deterioro do firme do camiño, dando unha solución permanente no tempo e reducindo os gastos de mantemento, ao tempo que se mellora o servizo de acceso ás entidades de poboación e a seguridade vial.