Concello de Neda e Asociación de Ex Alcohólicos de Ferrolterra organizan o obradoiro gratuíto “Xestiona as túas emocións”

 No marco da relación de colaboración, Concello de Neda e Asociación de Ex Alcohólicos de Ferrolterra organizarán o obradoiro gratuito “Xestiona as túas emocións”. O taller inclúese no programa de prevención de recaídas e vai dirixido a pacientes a tratamento na Unidade de Condutas Adictivas. Celebrarase o vindeiro 18 de novembro ás 11 horas na Casa das Palmeiras, baixo a dirección da psicóloga da unidade da entidade, Ana María Caaveiro.

Dada a situación sanitaria derivada da covid-19, as prazas están limitadas a 5, e as persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse previamente, a partir de mañá martes 27 de outubro, na Asociación de Ex Alcohólicos ou no teléfono 981 35 13 95.

O obradoiro centrarase en coñecer as emocións, identificalas e expresalas. Algo necesario para adaptarse ao entorno que nos rodea e así poder atopar o equilibrio persoal necesario na rehabilitación dunha persoa adicta.