O Concello de Neda mostra o seu apoio á marcha reivindicativa das confrarías da ría

 O Concello de Neda respalda as reivindicacións das confrarías da ría e súmase á protesta que realizarán este xoves os mariscadores e as mariscadoras desplegando unha pancarta de apoio na fachada da casa consistorial. Por ela pasarán mañá os vehículos que participarán na marcha reivindicativa e que está previsto se inicie na ensenada da Malata ás 13 horas. Unha mobilización convocada pola ausencia de resposta por parte da Consellería do Mar ás reivindicacións do sector na búsqueda dunha solución urxente e efectiva para a situación da ría e a grave crise que atravesa o sector.