Pakolas e Laura Romero traen a Neda este domingo o seu espectáculo Ti debuxas, eu c@nto

 O salón de actos da Casa da Cultura de Neda acollerá este domingo 18 de outubro ás 12,30 horas o espectáculo “Ti debuxas, eu c@nto”, a cargo de Pakolas e coa colaboración de Laura Romero. Unha función dirixida especialmente ao público máis novo da casa con música, contos e ilustracións. Incluída no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, a entrada é de balde pero con inscrición previa.

Así, as persoas interesadas en participar poden anotarse dende mañá martes e ata o venres na Casa da Cultura ou no teléfono 981 39 02 33, en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas.

A función desenvolverase baixo un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19 e as prazas son limitadas.