O Concello adxudica o servizo de atención na Biblioteca e Arquivo por 21.507,20 euros anuais

 Á espera de poder convocar a praza, o Concello de Neda vén de asinar o novo contrato para a xestión auxiliar do servizo de biblioteca e arquivo documental. Un servizo que prestará a empresa Eulen, Centro Especial de Emprego, por espazo dun ano.

Conclúe así o concurso aberto pola Administración local para dar cobertura a este servizo na Biblioteca Municipal. Investirá nel 21.507,20 euros ao ano, e o contrato establece unha duración do mesmo dun ano con posibilidade de dúas prórrogas, ata completar no seu conxunto o trienio.

Unha medida necesaria para a prestación do servizo que o Concello ten intención de cubrir no futuro coa convocatoria da praza, unha vez que o Goberno central levante as limitacións á reposición de persoal.