Xuntanza de traballo entre Concello e tecido asociativo sobre a liña de axudas para investimentos e promoción de actividades culturais e deportivas

 O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, acompañado de concelleiros e concelleiras do equipo de goberno mantivo no día de onte unha xuntanza de traballo con representantes do tecido asociativo do municipio. Ademais de recoller as súas suxestións e demandas, o tema central do encontro, celebrado na Casa da Cultura, foi a recente convocatoria da liña de axudas municipais para investimentos e promoción de actividades deportivas e culturais. Unhas subvencións que as entidades e asociacións teñen de prazo para solicitar ata o vindeiro día 20 e que contan cun orzamento de 17.000 euros.

Para facilitar a tramitación, as asociacións interesadas poden descargar os impresos de solicitude da web municipal, nos seguintes enlaces:

Para subvencións en materia deportiva:
 
Para subvencións en materia cultural:
 
Impresos que deberán presentar no rexistro municipal da casa consistorial.
 
Na reunión, remarcouse o feito de que este ano, por primeira vez, ademáis de financiar actividades, as axudas pódense destinar a investimentos. Unha posibilidade planteada en reunións previas entre Concello e entidades para tentar facilitar o acceso ás axudas no contexto actual derivado da covid-19, e que obrigou ao aprazamento ou suspensión dun bo número de actividades.
 
As bases da convocatoria poden consultarse no seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/09/30/2020_0000006728.pdf