Novos horarios da Biblioteca a partir deste luns

 A partir deste luns, 14 de setembro, a Biblioteca Municipal de Neda abrirá as súas portas con novo horario ampliado. Así, veciños e veciñas poderán acceder ás instalacións de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 20 horas.