O Concello instala novas mesas e bancos de madeira na contorna do parque do Principiño, nos Subarreiros e na entrada do paseo marítimo

 O Concello de Neda vén de instalar novas mesas e bancos de madeira en diferentes puntos do municipio, sustituíndo nalgún caso algúns que se atopaban nun avanzado estado de deterioro e dotando deste mobiliario outras áreas que carecían del. Este último caso deuse na entrada ao paseo marítimo, na zona de Xuvia. Un punto de paso dos peregrinos e peregrinas que realizan o Camiño Inglés no seu percorrido ata o Albergue, sito nas inmediacións. Alí se instalaron un banco e unha mesa en madeira tratada.

O mesmo material das mesas que o Concello habilitou na contorna do parque infantil do Principiño, na zona contigua ao parque biosaudable. Neste lugar o Concello tamén renovará nas próximas semanas os bancos actuais, moi deteriorados.

Por último, o Concello subtituíu tamén os bancos e mesas da zona dos Subarreiros.