Vicente Araguas presenta na súa vila natal a súa nova novela en galego, titulada Través do Trebón

 O escritor Vicente Araguas presentará na súa vila natal a súa última novela en galego, titulada “Través do trebón” (Belagua Ediciones). O acto terá lugar o vindeiro martes 11 de agosto, ás 20 horas, na Casa da Cultura, e as persoas interesadas en asistir deben reservar praza na Casa da Cultura ou no teléfono 981 39 02 33 -ata completar aforo-. O profesor Eduardo Fra Molinero será o encargado de conducir a presentación, na que o fillo predilecto de Neda estará acompañado pola concelleira de Cultura, Verónica Vigo, e polo alcalde, Ángel Alvariño.

Cun estilo moi persoal, Vicente Araguas recrea en “Través do Trebón” o ambiente asfixiante dunha cidade marítima pendente do que ocorre na súa base naval, pescudando nas razóns do instinto humano de supervivencia.

Vicente Araguas (Xuvia-Neda) é un escritor todo terreo, se ben a súa obra abarca, basicamente, o ámbito poético. Anterior a “Través do Trebón” ten publicado en galego outras dúas novelas: “Agora xa foi” e “A Canción do verán”, mostra polivalente de concepto e estilos.