Nova sesión de cine de verán este xoves na Cruz do Pouso coa proxección de “Ratón Pérez2”

O Concello de Neda convida a nenos/as e maiores a disfrutar dunha nova sesión do mellor cine ao aire libre este xoves. Na Cruz do Pouso proxectarase o filme de animación “Ratón Pérez 2” a partir das 22 horas, unha actividade incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
 
A entrada é gratuíta, pero require de reserva anticipada de entrada. Trátase dunha das medidas establecidas no marco da nova normalidade imposta pola COVID-19. Así, o prazo para reservar as entradas ábrese hoxe e pecharase o mesmo xoves. Debe solicitarse na Casa da Cultura de 10 a 14 horas ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
 
O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar.
Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.