O Concello de Neda prevé incorporar ao parque de Santa María un columpio adaptado para nen@s con diversidade funcional

 O parque infantil de Santa María contará co primeiro elemento de xogo adaptado para nenos e nenas con diversidade funcional. Así será de prosperar a proposta de modificación de crédito que o goberno municipal levará a pleno para habilitar os fondos necesarios para a súa adquisición, respondendo así a unha demanda veciñal.

Deste xeito, o Concello procedería á adquisición dun columpio adaptado, cun investimento cercano aos 8.000 euros. Unha medida necesaria para facilitar o acceso e desfrute ao xogo para os máis pequenos e pequenas con diversidade funcional.