Concello e asociacións acordan reorientar as subvencións municipais abrindo a posibilidade de destinalas á adquisición de equipamento

 O goberno local levará ao próximo pleno unha modificación de crédito para habilitar dúas liñas de axuda dirixidas ao tecido asociativo: a primeira destinada ao financiamiento de actividades e, a segunda, a investimentos -adquisición de equipamento-. Así o acordaron nunha xuntanza celebrada onte entre o alcalde, Ángel Alvariño, e os/as representantes das asociacións veciñais, culturais, deportivas e educativas do municipio, que contou coa asistencia do secretario municipal, Alejandro Antelo.

Na reunión, celebrada na Casa da Cultura, o executivo municipal planteou reorientar os fondos das subvencións que cada ano o Concello dirixe ás asociacións, xa que están planteadas para financiar actividades e eventos que impulsan as entidades pero que na maioría dos casos este ano non puideron levarse a cabo por mor da situación de alarma sanitaria derivada da COVID-19. Unha partida que ascende no seu conxunto a uns 23.000 euros (e que se suma ás axudas económicas en materia de gastos eléctricos e de auga dos locais sociais que o Concello ten cedidos ás asociacións e que financia).

Así as cousas, e para facilitar o desenvolvemento da labor das entidades, o Concello planteou destinar esas subvencións -nominativas e de libre concorrencia- tanto a sufragar gastos de actividades como á adquisición de equipamento. Unha medida respaldada por parte da vintena de asociacións de Neda.