O paseo marítimo, escenario este xoves dunha nova sesión do ciclo de cine de verán en Neda

 Nova sesión do ciclo de cine de verán do Concello de Neda. Celebrarase este xoves 23 de xullo no paseo marítimo, a partir das 22,30 horas, co pase do filme “La casa del reloj en la pared”. Así, as persoas interesadas en asistir xa poden reservar as súas entradas dende hoxe e ata o mércores -incluído-. Para isto, poden acudir presencialmente á Casa da Cultura de 10 a 14 horas ou chamar ao teléfono 981 39 02 33 no mesmo horario. Iso si, é preciso que a reserva sexa por conta dunha persoa adulta, que facilite nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar. Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir coas súas entradas cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.