A unidade móbil de doazón de sangue trasladarase o mércores 22 de xullo a Neda

 Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue trasladarase o próximo mércores 22 de xullo ao Concello de Neda. Permanecerá diante da Casa da Cultura entre as 9,30 e as 14,30 h e entre as 16 e as 21 horas. Así mesmo, e para maior seguridade, aconséllase solicitar cita previa para doar no teléfono 900 100 828.

Así mesmo, solicítase gardar como mínimo 1 metro de separación das zonas de espera. Máis que nunca, precísase da solidariedade veciñal, xa que a vida de moitos enfermos depende cada día das doazóns de sangue.