O CEIP San Isidro estreará comedor escolar co inicio do curso sumando este novo recurso

 O CEIP San Isidro arrancará o vindeiro curso estreando servizo de comedor escolar, sumando así este recurso para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Estes días, o Concello de Neda ultimaba os últimos traballos de acondicionamento do espazo, contribuíndo así a poñer en marcha este importante recurso para a comunidade educativa e, agora, resta recibir a última autorización necesaria, procedente da Consellería de Sanidade.

Así, e coa previsión do inicio do curso no mes de setembro, o comedor escolar estará xestionado pola ANPA do centro. Contará con capacidade para uns 25 comensais e no mesmo tamén se poderá desenvolver o programa madrugadores. A intención nun e noutro caso éofrecer a posibilidade de acudir de luns a venres ou días soltos.

Ao longo do pasado curso, o Concello de Neda realizou traballos de acondicionamento do espazo que albergará o comedor, dende labores de pintado ata a instalación de paneis de pladur, traballos eléctricos e de fontanería.