Neda súmase á Andaina Primavera no Camiño para a promoción da ruta xacobea

 Uns 40 veciños e veciñas tomaron parte esta mañá na Andaina Primavera no Camiño. Unha iniciativa impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés nos municipios que conforman a ruta. Así, @s “peregrin@s” cubriron simbolicamente o treito que discorre pola localidade e que une o Albergue co límite de Fene. Unha forma de promocionar e difundir o camiño artellada no marco da nova normalidade imposta pola COVID-19.