O Albergue de Neda reabre as súas portas

 O Albergue de Peregrinos de Neda reabría as súas portas este mércores, 1 de xullo. A raíz da nova normalidade derivada da COVID-19, facíao limitando a 10 as súas prazas -fronte ás 28 da súa capacidade- e coa necesaria reserva online, a través da páxina:   https://alberguesxacobeo.gal/albergues/albergue-de-peregrinos-de-neda/

Como vén sendo habitual, a estancia será dunha noite e as portas ábrense ás 13 horas e péchanse ás 22 horas (debendo abandoalo antes das 8 horas da mañá seguinte). As liteiras contan con roupa de cama dun só uso e as instalacións están equipadas con dispensadores de xel.

 
Así mesmo, o uso do albergue ou de calquera dos seus servizos e instalacións implicará o pago de 8 euros por persoa e día, que se xustificará co bono que será entregado polo responsable do albergue no momento do pago.
 
ANDAINA PRIMAVERA
No marco da promoción do Camiño Inglés, este sábado 4 de xullo, o Albergue será punto de partida da Andaina Primavera no Camiño, un percorrido simbólico da ruta dentro do termo municipal, que forma parte da iniciativa impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Así é todo, o proxecto desenvolverase de xeito simultáneo en todos e cada un dos municipios que integran a entidade. No caso de Neda, cubrirase o tramo ata o límite con Fene. Arrancará ás 10 h e está aberto a todas as persoas interesadas, pero con inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 50. Para anotarse é preciso chamar ao 981 38 00 39 ou acudir á casa consistorial antes deste venres 3 de xullo