28 de xuño. Día da Diversidade Sexual

 Ano tras ano, e como sempre vimos facendo dende o Concello de Neda conmemoramos o Día do Orgullo LGTBI.

 
Hai 15 anos, España converteu en dereitos e igualdade real unha das grandes reivindicacións do activismo LGTBI: o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Esta lei fixo posible que o noso país devolvese a dignidade debida ás persoas LGTBI.
 
Este ano, cabe lembrar as circunstancias moi especiais e moi duras que vivimos e estamos a vivir, pero que moitos/as dos/as integrantes do colectivo sufriron con maior forza.
 
A LGTBIfobia que sofrían habitualmente nos seus fogares, viuse acrecentada polo confinamento e as restricións que sufrimos e que, se na súa vida “normal” era complicado de soportar, nestas circunstancias, en moitos casos, foi peor. É por iso queremos mandarlles toda a nosa forza e apoio.
 
Como cada ano, o Orgullo Estatal ten un lema. Nesta ocasión vai dirixido á loita pola igualdade das mulleres LBT co eslogan "2020, Mulleres LTB: Sororidade e Feminismo". E é que dentro do colectivo LGTBI as mulleres son as grandes invisibilizadas e, nalgúns casos, ata esquecidas. Sufren a dobre discriminación polo seu xénero e pola súa sexualidade. Por iso é que se lles honra, ademáis de resaltar a figura e a loita de moitas activistas deste colectivo que foron mulleres.
 
Por todo isto, dende o Concello de Neda, sempre seremos bandeira das liberdades e dos dereitos de tódalas persoas. De como se sintan e de como queiran vivir a súa vida libremente, porque non hai nada máis importante que a igualdade, a diversidade e o respeto para que unha sociedade sexa xusta e rica.
 
Feliz Día do Orgullo LGTBI!!!