O Concello de Neda pon a disposición da veciñanza un punto para o depósito de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, toners e lámpadas

 O Concello de Neda conta cun novo punto para o depósito e reciclaxe de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos; lámpadas, pilas e tóners. Así, as persoas interesadas en desfacerse deste tipo de residuos e contribuir a ofrecerlles unha segunda vida a través do seu reciclaxe tan só deben entregalos na casa consistorial. O Concello trasladaraos entón aos xestores autorizados.

Entre aparellos eléctricos e electrónicos figuran cepillos de dentes eléctricos, secadores de pelo, tablets, teléfonos ou planchas, entre outros.