O Concello de Neda reabre este mércores os parques infantís

 O Concello de Neda anunciou esta tarde a reapertura dos seus parques infantís. Será a partir de mañá mércores, 24 de xuño, e tras adoptar as convenientes medidas de seguridade. Entre elas, e a partir dagora, o Concello levará a cabo tarefas diarias de desinfección nestes espazos infantís, de 7 a 11 horas.

Así mesmo, vén de instalar dispensadores de hidroxel e paneis informativos sobre o uso das áreas de xogo infantil. Entre elas, a necesidade de utilizar a mascarilla en nenos e nenas a partir de 6 anos sempre e cando non sexa posible gardar a distancia social; evitar as aglomeracións, e manter esa distancia mínima de 1,5 metros.