O Concello de Neda asesora á veciñanza sobre a tramitación do Ingreso Mínimo Vital

 O Concello de Neda, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, ofrece asesoramento á veciñanza sobre a tramitación do Ingreso Mínimo Vital (IMV). Un conxunto de medidas articuladas ao redor dunha nova prestación da Seguridade Social dirixida ás unidades de convivencia que garante uns ingresos mínimos mensuais a fogares en situación de especial vulnerabilidade, corrixindo problemas estruturais de acceso a oportunidades de formación e emprego. Así, as persoas interesadas poden dirixir as súas consultas vía telefónica, no 981 38 00 39 ou presencial -Servizos Sociais de Neda-.

Os requisitos para poder acceder á prestación son:

-Estar nunha situación de vulnerabilidade económica -que a renda do fogar do/a solicitante non chegue ao umbral de ingresos fixado para ese tipo de fogar; ademáis, farase un test de patrimonio que excluirá a quenes superen os límites fixados para cada tipo de fogar, partindo dos 16.614 euros para os fogares unipersoais, descontada a vivienda habitual-.
-Ter máis de 23 anos -agás que teña algún/ha menor ao seu cargo- e menos de 65.
-Ter residencia continuada e ininterrompida en España como mínimo o ano anterior á presentación da solicitude e residencia legal no caso de cidadáns extranxeiros.
-Para os/as solicitantes que viven sos/as, non integrados/as nunha unidade de convivencia, é requisito ter vivido a lo menos durante os tres anos previos á solicitude de forma independente aos proxenitores.
 
Cuantía
 
Deste xeito, o IMV asigna a cada tipo de fogar un umbral personalizado mínimo de renda mensual que é o que se vai a garantizar. Ese umbral varía entre os 462 e os 1.015 euros ao mes en función do número de personas que convivan como beneficiarios e das súas características.
 
Cando e onde se pode solicitar?
 
O prazo para solicitar a prestación está aberto dende o 15 de xuño e, ademáis, establécese que as solicitudes presentadas durante os tres primeiros meses (ata o 15 de setembro) teñan efectos económicos dende o 1 de xuño de 2020, sempre que se cumplan os requisitos nesa data.
Ao tratarse dunha prestación da Seguridade Social, debe solicitarse ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Hai dous xeitos, ambos os dous de xeito telemático:
-Con certificado electrónico ou cl@ve poderá solicitarse a través da Sede Electrónica da Seguridade Social adxuntando tamén a documentación necesaria e cumprimentando os datos datos do formulario.
-En caso de non dispor de certificado dixital ou cl@ve poderáse utilizar o servizo habilitado polo Instituto Nacional da Seguridade Social na Sede Electrónica para a súa solicitude sen certificado. Abrirase un formulario onde se cumplimentarán o datos do solicitante e dos posibles beneficiarios que formen parte da unidade de convivencia, os seus documentos identificativos e a documentación necesaria para resolver a solicitude.
 
Para máis información ou solventar dúbidas, hai unha liña telefónica de información gratuita: 900 20 22 22
 
E un simulador para coñecer se se ten dereito a percibir a prestación, ademáis do importe estimado correspondente: https://revista.seg-social.es/2020/06/01/quiere-saber-si-tiene-derecho-al-ingreso-minimo-vital-y-a-cuanto-ascenderia-pruebe-el-nuevo-simulador/