A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este martes a Neda

 Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue trasladarase este martes 23 de xuño ao Concello de Neda. Permanecerá diante da Casa da Cultura de 9,30 a 14,30 h e de 16 a 21 horas.

Así mesmo, solicítase gardar como mínimo 1 metro de separación das zonas de espera. Máis que nunca, precísase da solidariedade veciñal, xa que a vida de moitos enfermos depende cada día das doazóns de sangue.