O Concello conclúe a pavimentación do camiño de Liñares ata Chisqueira e de baixada ata a AC-862

 Tras un investimento duns 27.100 euros, o Concello vén de concluir as obras de pavimentación do camiño de Liñares ata Chisqueira, intervención que se estendeu ao vial de baixada ata a AC-862.

Con esta intervención buscábase mellorar o estado do vial, deteriorado polo intenso tráfico que soporta, así como a mobilidade na zona e a seguridade de peóns e condutores.

Financiouse con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concello)-POS+ Adicional 2019.