Fondo Solidario de libros de texto e axudas

 O Concello lembra que o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar estará aberto ata o 19 de xuño (incluido), tal e como publicaba onte -20 de maio- o Diario Oficial de Galicia.

Dada a situación, a presentación das solicitudes realizarase vía telemática e, no caso estrictamente necesario, poderá facerse presencialmente.
 
Podedes obter máis información nas webs do CEIP de Maciñeira e CEIP San Isidro, así como na do IES Fernando Esquío. Neste último caso, infórmannos de que se a solicitude se realiza presencialmente é preciso solicitar cita previa chamando ao  881 930 387
 
Clickando no seguinte enlace podedes descargar o impreso de solicitude