Reordenación do tráfico nas inmediacións do centro de saúde

 O Concello de Neda levou a cabo esta semana traballos de sinalización horizontal e vertical e reordenación do tráfico nas inmediacións do centro de saúde co fin de mellorar a mobilidade e seguridade na zona. Lembramos en todo caso as limitacións de velocidade e apelamos á colaboración cidadá para o cumprimento das normas nun lugar especialmente sensible, cun intenso tráfico rodado