AVISO ESCOLA INFANTIL

 O Concello de Neda informa de que os prazos establecidos para matricularse na Escola Infantil Municipal “Os Pelegríns” para o curso 2020/21, fixados entre os días 16 e 31 de marzo para os/as nenos/as xa matriculados no centro e do 1 ao 30 de abril para os/as nenos/as de novo ingreso, quedaron en suspenso pola declaración de emerxencia. Polo tanto o prazo reabrirase no momento no que deixe de ter vixencia a situación de emerxencia ou no momento en que sexa levantada a suspensión do prazo por orde do Goberno central ou da Xunta de Galicia, estando a día de hoxe suspendidos, sen perxuízo do cal as familias que desexen ir presentando as súas solicitudes poden facelo no rexistro xeral do Concello, valorándose as solicitudes de forma conxunta unha vez remate o prazo trala súa prórroga. Así mesmo, en caso de non cubrir as prazas ofertadas, manterase aberto o prazo de matrícula ata cubrir prazas vacantes