Neda retoma o seu Feirón mensual

 Neda recupera este sábado 23 de maio o seu Feirón mensual, especializado en productos da horta. Volverá ás inmediacións da Casa das Palmeiras, durante toda a mañá despois de que a Delegación do Goberno autorizase a celebración de mercados ao aire libre de venda de alimentos e produtos agrícolas e gandeiros de primeira necesidade.

Unha cita na que é necesario respetar as distancias mínimas -2 metros entre visitantes e 6 metros entre postos de venda-.