A Biblioteca reabre as súas portas para préstamos e devolucións de 10 a 14 h de luns a venres

 A partir de hoxe, 11 de maio, a Biblioteca Municipal de Neda reabre as súas portas para o préstamo e devolución, así como para información bibliográfica e bibliotecaria. O horario de atención ao público será de 10 a 14 horas, de luns a venres.

Así mesmo, segundo as directrices que nos trasladan, non se poderá facer uso dos ordenadores e medios informáticos nin acceder aos catálogos en línea ou catálogos en fichas da biblioteca.

Deste xeito, as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Unha vez consultadas, depositaranse nun lugar apartado e separadas entre si durante a lo menos catorce días. As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.
 
Establécense tamén as seguintes medidas de hixiene e protección:
 
. Só poderán entrar tres persoas á vez e manter unha distancia de 2 metros entre elas.
. Solicítase, na medida do posible, que acuda unha persoa de cada núcleo familiar.
. Prégase o uso de mascarillas
. Proporcionarase xel hidroalcohólico para desinfectar as mans á entrada e saída da biblioteca.