Os taxis de Neda, a disposición da veciñanza de luns a domingo de 8 a 20 horas

 Nesta situación de alerta sanitaria, Radio Taxi Neda mantén o seu servizo operativo de 8 a 20 horas, de luns a domingo. Un servizo clave para garantir os desprazamentos permitidos a día de hoxe: acudir ao posto de traballo e acceder aos servizos básicos (traslados a establecementos de alimentación, centros sanitarios, tanatorios e entidades financieras, entre outros).

As persoas interesadas no servizo poden chamar ao teléfono 981 34 71 71 e concertar o traslado. A norma establece que só poderá viaxar unha persoa por taxi, coa excepción daquelas persoas dependentes ou menores, e sempre deberán ocupar os asentos traseiros.

As medidas de seguridade adoptadas polo sector do taxi contemplan a desinfección do vehículo despois de cada servizo nos elementos do automóbil susceptibles de ser manipulados, tal que manillas, tiradores, cintos, asentos… e cada condutor irá protexido con mascarilla e lubas.