Combate o confinamento con lectura

 A Biblioteca Municipal de Neda pechou as súas portas, pero continuará fomentando a lectura como unha das principais ferramentas para saír “mentalmente” deste confinamento e viaxar coa imaxinación a novos espazos e realidades. Por iso, dende a rede social Facebook, a Biblioteca realizará recomendacións literarias e compartirá con toda a veciñanza contos e narracións. As primeiras, xa dispoñibles, están dirixidas ao público infantil, e pensadas para compartir en familia.

Xa están á vosa disposición, tan só é preciso entrar na súa páxina (@bibliotecaneda). E, se vos parece, sumarvos como seguidores da mesma, para recibir a partir de entón todas as súas notificacións.

Así mesmo, e loxicamente, o Concello lembra que a devolución do material que poidades ter en préstamo nas casas -libros e películas-, poderán ser devoltos na reapertura sen penalización de ningún tipo.
 
E, apuntade, podedes facer uso da plataforma de libros electrónicos GaliciaLe: https://www.galiciale.gal.
 
Por último, sinalar que a Biblioteca Municipal de Neda continuará atendendo as consultas a través do correo electrónico bibliotecaneda@gmail.com.
 
Boa lectura!