Novos horarios no servizo de transporte público

Atendendo ás medidas aprobadas por Goberno central e Xunta para os servizos de transporte público regular interurbano en relación co coronavirus, Alsa, empresa concesionaria na zona, vén de anunciar a reorganización do servizo, con novos horarios nas liñas. Entre elas, a 20, entre Ferrol e O Puntal, en Neda.
 
Os novos horarios entran en vigor hoxe, 18 de marzo, e manteranse ata novo aviso. En todo caso, dende o Concello lémbrase que o uso do transporte público está limitado aos desprazamentos para acceder ao posto de traballo e aos servizos básicos.
A oferta de prazas nos vehículos dispoñibles limitarase á metade da súa capacidade, debendo garantir que non se ocupe máis dun asento da mesma fila, nin asentos contiguos da mesma fila.
 
Así mesmo, recoméndase utilizar como medio de pagamento as tarxetas de transporte.