O pagamento do imposto de vehículos de tracción mecánica e da recollida do lixo quedan aprazados

 O pagamento do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) -rodaxe- e da primeira cuota da taxa do lixo quedan aprazados ata novo aviso. Esta foi unha das medidas anunciadas hoxe pola Deputación provincial de A Coruña da que se beneficia o Concello de Neda ao ter delegada a xestión dos tributos e taxas na institución provincial.

A Deputación explica que se suspenden os termos e interrómpense os prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios xestionados por esta administración en aplicación do Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma.
En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.