O Concello solicita aos propietarios de mascotas a súa colaboración para cumplir coas normas relativas ás saídas: paseos curtos e tempos limitados

 A Policía Local de Neda fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento do RD do 14 de marzo no que se regulan as saídas ao exterior coas mascotas. Ata o momento, e constatados diversos incumprimentos, os axentes están a informar das indicacións establecidas na norma, e solicitan a colaboración cidadá para evitar ter que recurrir á vía sancionadora.

A Policía Local lembra que os paseos deben ser curtos, empregando o tempo estrictamente necesario para cubrir as necesidades do animal, e evitar o contacto con outros animais e/ou persoas. Así mesmo, os propietarios deberán levar consigo unha botella de auga con deterxente para limpar a orina e bolsas para as deposicións, e priorizar os horarios de menor afluencia para as saídas.