CONVOCATORIA PARA CUBRIR UN POSTO DE ALBANEL AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

ANUNCIO

 

CONVOCATORIA PARA CUBRIR UN POSTO DE ALBANEL AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

 

Polo presente faise pública a convocatoria para cubrir un posto de Albanel, por un período máximo de 3 meses, mediante contratación laboral a tempo parcial 62,50% da xornada, coas cláusulas específicas de traballos de interese social/fomento de emprego agrario.

 

O procedemento de selección rexerase polas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 17/04/17, coas seguintes excepcións:

-       O prazo de presentación de solicitudes será de 5 DÍAS NATURAIS, a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria na páxina web do Concello.

-       O órgano seleccionador estará constituído polas seguintes persoas:

·      Presidente: Santiago C. Baamonde Leal.

·      Vogais: Mª. de los Ángeles Dobarro Calvo, que realizará igualmente as funcións de secretaria do órgano seleccionador.

 Samuel Martínez González.

 

A solicitude de admisión ao proceso selectivo realizarase necesariamente no modelo normalizado publicado igualmente na web do Concello e será CONDICIÓN IMPRESCINDIBLE, que a persoa solicitante se atope incluída nalgunha das situacións que se indican no seguinte cadro, debéndose xustificar coa presentación documentación que para cada caso se indica:

 

Situación

Documentación a achegar

 

Mulleres

Fotocopia do DNI

 

Maiores de 45 anos

 

Persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao

Fotocopia do certificado minusvalía, debidamente actualizado,

 

33% oficialmente recoñecido

 expedido polo órgano competente

 

Persoas en situación de drogodependencia

Informe dos servizos sociais municipais

 

Persoas con fogar onde ninguén teña emprego

 

Persoas con fogar monoparental

 

Persoas sen fogar

 

Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma

 

 ou cuestións socioculturais

 

Persoas vítimas de violencia de xénero

 

Parados de longa duración (mínimo 2 anos como

Informe de Vida Laboral actualizado

 

demandantes de emprego)

 

Neda, 10 de agosto de 2017.

O ALCALDE,

 

 

Asdo.: Angel Alvariño Saavedra.

 

Descargar instancia